Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado do Real Club Náutico de Ribadeo

Ribadeo 9-6-17. O pasado 20 de abril a Audiencia Provincial de Lugo procedeu a revocar o Auto dictado polo Xulgado nº 2 de Lugo, en data 11/01/2017, contra Ramón Fraga Martínez, tesoureiro da actual Xunta Directiva do Real Club Náutico de Ribadeo, acordando o sobreseimento e arquivo da causa.

O Xulgado de Instrucción nº 2 de Lugo ditaba a apertura de xuízo oral contra Ramón Fraga Martínez, o pasado mes de marzo, por falso testemuño no marco da vista celebrada en xullo de 2015 en Lugo polos litixios que a entidade mantén coa anterior directiva.

Segundo recolle o Auto da Audiencia Provincial de Lugo, “as disparidades coa realidade que se imputaban ao querellado, Ramón Fraga, non gardan relación coa esencia do obxecto do procedemento no que foron emitidas”. Neste contexto, cabe subliñar que para que unha declaración sexa falsa, requiere que exista unha contradicción entre o declarado e a realidade, sen que baste a mera existencia de discrepancias entre opinións. Por tanto, “a consideración de enemistade que se imputaba non pode derivarse, sen máis, da presentación de querellas de varias personas contra outras e referidas ao comportamento dunha directiva respecto da anterior”.

Pola sua banda, “o feito de que o regulamento ou os estatutos foran modificados no momento previo á incoación do expediente disciplinario tampouco garda relación esencial co procedemento onde depuxo Ramón Fraga pois, en todo caso, o regulamento non sufriu variación algunha e era o que rexía o tema disciplinario”. Outro tanto cabe dicir ao respecto do número de personas ás que afectou. Por tanto, “a falta de precisión, que non falso testemuño, resultaría en todo caso inocua aos fins do sinalado pleito”.

No relativo á situación na que se atopara a embarcación LY no período no que estivera no pantalán e, tempo depois, na marina seca, “tampouco se pode atribuír transcendencia ao momento previo e no que o querellado non tiña responsabilidades directivas”.

En consecuencia a Sala considera que o querellado, Ramón Fraga, non merece sanción penal algunha e, por tanto, acorda o sobreseimiento da causa.

A actual xunta directiva do Real Club Náutico de Ribadeo segue a traballar pola transparencia na xestión da entidade, a ampliación de servizos aos socios/as así como a promoción dos deportes náuticos.

Exit mobile version