Site icon Crónica3.com A Mariña

Corte de tráfico con motivo das obras de arranxo da Ponte da Misericordia

Viveiro, 9 de xuño de 2017. O martes 13 de xuño, ás 10:00 horas, vaise proceder ao corte de circulación dun dos carrís da Ponte da Misericordia con motivo das obras da arranxo da mesma, que requerirán a instalación de andamios.
O carril que quedará cortado ao tráfico será o que vai en sentido Covas-Viveiro, polo que o tráfico verase alterado do seguinte xeito:

– Os vehículos que veñan dende Covas en dirección Viveiro ou Celeiro, deben dar a volta pola Variante.
– Os vehículos que veñan dende Xunqueira, Magazos, etc. en dirección a Celeiro, deben atravesar recto pola Travesía da Mariña.

Na Misericordia, ata as instalacións da Cruz Roja, a circulación non se verá alterada, mantendo o doble carril.

A Policía Local sinalizará estes cambios o luns, para proceder ao corte ás 10:00 horas do martes 13 de xuño, estando previsto que as obras finalicen o sábado 16 de xuño.

Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.

Exit mobile version