Site icon Crónica3.com A Mariña

Da cero credibilidade de Alfredo Llano. PP de Burela

As eleccións presidenciais dos EEUU puxeron de moda o termo “fake news”, novas falsas, ou sexa, novas que se inventan ou distorsionan para cambiar vontades e perspectivas de ver as cousas. E eso trouxo consigo o establecemento de termos de credibilidade sobre persoas e grupos xeneradores de opinión.
Non hai que ir ós EEUU para coñecer xeneradores de “fake news”…, chega con quedarse en Burela e estudiar o que leva dito Alfredo Llano na prensa desde hai dous anos. Vexamos.
Hai un ano, Llano anunciou que cando entrara en servicio o acceso ó porto o concello debería ter preparado un plan de ordenación de tráfico no centro de Burela, porque a nova infraestructura xeneraría cambios importantes no comportamento dos conductores… En novembro entrou en servicio o acceso, e volveu a decir o mesmo… Semanas máis tarde, Llano reitérase sobre o asunto. Solicitada o 2 deste mes oficialmente no concello petición de documentación ó respecto, o mesmo Llano resposta que non hai nada. Resultou ser mentira o que nos contou.
Desde hai ano e medio, Llano vén falando do cambio do mercado. Non unha vez, varias. Que si Torrentes, que si as prazas da Mariña e do Concello e Pardo Bazán e Eijo Garay… Eso sí, sempre decindo que se estaba redactando un regulamento para definir o novo mercado. Solicitada o 2 deste mes oficialmente no concello petición de documentación ó respecto, o mesmo Llano resposta que non hai nada. Era mentira o que nos contou.
En dúas ou tres ocasións, nos últimos dous meses, Llano di ter un proxecto, un novo pavillón de deportes con piscina (ésta, pensada “para o hospital”, dixo no pleno do 30 de maio…). Solicitada o 2 deste mes oficialmente no concello petición de documentación ó respecto, o mesmo Llano resposta que non hai nada… Nin tan siquera unha pequena memoria xustificativa da necesidade da infraestructura, nin un plano de posible ubicación da mesma…
Ésta tamén é sonada… Llano chega ó goberno en xuño de 2011 e anuncia que denunciará polos canles que sexan precisos o convenio asinado entre o anterior goberno do PP e a Xunta de Galicia para a construcción da nova escola infantil. E así se tira un ano, decindo que denunciará o convenio… Total, para non facelo e non decir nin chío e, o que peor, retrasar dous cursos a apertura do centro educativo.
Esta última (que non derradeira, porque poderíamos citar máis…) mesmo promete… Leva Llano meses falando da peatonalización…, sobre de todo do xa célebre tramo de Eijo Garay… No pleno do 30 de maio falou dunha empresa que estaba facendo un estudio, pero, qué casualidade, non se lembraba do nome da empresa. Solicitada o 2 deste mes oficialmente no concello petición de documentación ó respecto, o mesmo Llano resposta que non hai nada. Logo era mentira o que nos contou… Ou alguén, un, dous, tres, que máis dá, máis cercano lle está decindo qué, cándo e cómo peatonalizar?
Son estas “fake news”, novas falsas? Pode, pero o que sí son son mentiras. Pode Burela ter un alcalde que xenera “fake news”, que xenera novas falsas que logo resultan non ser verdade? Cada quen que saque as súas conclusións….
E xa que o que vimos son “fake news”, mentiras demostradas coas hemerotecas e coa documentación que el mesmo lle remite ó Grupo Municipal do PP, que cada quen lle poña a Alfredo Llano o calificativo que máis lle preste ou que resulte máis acaido…
Visto e lido o anterior, cánta credibilidade tén Alfredo Llano?

GRUPO MUNICIPAL DO PP DE BURELA.

Exit mobile version