
O Presidente da Deputación, participou este sábado, xunto con outras autoridades, no acto de graduación dos alumnos de Veterinaria do campus lugués. Campos Conde remarcou na súa intervención a aposta decidida do Goberno da Deputación polo acceso universal a unha educación pública e de calidade, como a que ofrece a Facultade de Veterinaria, que a situa entre as mellores de Europa.