
Este mércores celebrouse o Día Mundial sen Tabaco e a Unidade de Drogodependencias de Burela instalou unha mesa informativa ó carón do Concello para concienciar á poboación sobre as incidencias que o consumo de tabaco ten na saúde. O concelleiro de Sanidade, José Díaz, achegouse ata a devandita mesa e interesouse polas explicacións ofrecidas á cidadanía.