Site icon Crónica3.com A Mariña

Diego Rego dirixirá ó Augacons Lourenzá en Segunda Autonómica a vindeira tempada

diego rego presentadoLourenzá 15-6-17. Por motivos laborais Edu non seguirá ó fronte do Atleti unha temporada máis. A directiva quere agradecer o seu traballo neste curso e o do seu axudante Bebo, no que o equipo foi de menos a máis rematando como 3º clasificado e disputando as semifinais de copa provincial nos últimos meses.

Toma o relevo un home da casa, Diego Rego. Diego realizou esta campaña unha gran temporada ó fronte do equipo xuvenil. Seguirá co equipo xuvenil unha temporada máis e dirixirá tamén ó primeiro equipo da Sta. Cruz.

Agora a prioridade será a de renovar á totalidade da plantilla para intentar un ano máis o salto de categoría. Ademáis estudianse un par de reforzos para apuntalar o equipo.

Exit mobile version