Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios aos gañadores do II concurso fotográfico “coidemos a terra”, que convocou a delegación municipal de medio ambiente de Burela

100617 Foto Coidemos a TerraBurela, 10 de xuño de 2017. Onte tivo lugar a entrega de premios aos gañadores do II Concurso Fotográfico “Coidemos a Terra” no salón de plenos do Concello. A Delegación de Medio Ambiente, que dirixe Noelia Mª Ben, é a segunda vez que convoca este concurso para conmemorar o día da terra, “co fin de que nos fixemos na beleza da natureza que nos rodea, e á vez adoptemos actitudes de respecto cara ela”.

Na entrega de premios estiveron presentes o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, e Marco Abad, un dos membros do xurado.

Os premiados foron os seguintes:
-Categoría Infantil: David Rey Cao; Obra: “Texturas da natureza”; Premio: 100 euros máis a súa foto en lenzo (doazón de Foto Sergio)
-Categoría Xuvenil: Delio Otero Romo;Obra: “Que vida máis arrastrada”; Premio: 150 euros máis a foto en lenzo (agasallo de Foto Sergio)
-Categoría Adulto: Xesús Díaz Piñeiro; Obra: “O nordés e as follas”; Premio: 200 euros máis a súa foto en lenzo (agasallo de Foto Sergio)

Exit mobile version