Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición de fotografía “Memorias dun fotógrafo. Paisaxes de A Mariña”, de Luis Cristian Carabalí Ferigra

20170613_1448527680Alfoz 23-6-17. Esta exposición permanecerá aberta do 25 de xuño ao 29 de xullo na sala de exposicións do Castelo do Castrodouro. Trátase dunha exposición de diferentes paisaxes da Mariña entre os que destacan fotografías do propio Castelo do Castrodouro (xúntase foto) e algunha secuencia da Celebración do Mercado Medieval de Alfoz. Precisamente, esta exposición estará exposta nos días de celebración do XIX Mercado Medieval de Alfoz que se levará a cabo os días 14 e 15 de xullo, compartindo espazo dentro da torre cuha exposición de traxes medievais da deseñadora Reme Espantoso e coa colección de calzado tradicional de madeira da Sala-Museo das Zocas de Alberto Geada. Actualmente o Castelo de Castrodouro está aberto en horario de fins de semana e festivos de 11.00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e a partires do 3 de xullo abrirá tamén de luns a venres en horaro de tarde de 16:00 a 20:00 horas.

Exit mobile version