Site icon Crónica3.com A Mariña

Fallado o concurso para elixir o logotipo do parque de educación viaria de Foz

200617 FOTO DO DEBUXO GAÑADOR NO CONCURSO DE LOGOTIPOS PARA O PARQUE DE EDUCACIÓN VIAL DE FOZFoz, 20 de xuño de 2017. O Concello de Foz ven de facer público o fallo do xurado do concurso convocado para elixir o logotipo do parque de educación viaria focense. A gañadora foi Carmela Fernández Calvo, alumna de 5º de Primaria do CEIP O Cantel.

O xefe da Policía Local de Foz, Jesús Amor Prieto, explicou hoxe que “hai dous meses aproximadamente convocábase aos cinco colexios de Foz para que os seus alumnos fixeran un logo que sería elemento fundamental para o parque de educación viaria á hora de facer calquera tipo de concurso ou participar en calquera concurso a nivel nacional ou autonómico”.

Jesús Amor Prieto anunciou que “se presentaron 70 debuxos dos cinco colexios e decidimos pasarllos a unha persoa, que colleu as filiacións de todos eses debuxos e foilles poñendo un número. Pasáronsenos eses debuxos co número e fomos cualificando. Ao final houbo un empate entre dous debuxos e decidiuse polo número 34 que correspondía a Carmela Fernández Calvo que está colexio O Cantel, onde cursa quinto de Primaria e xa se avisou aos seus país. O debuxo formará parte do parque de educación viaria e reproducirase en pegatinas, nos chalecos que imos dando aos colexios, etc…”

O xefe da Policía Local de Foz salienta que “este ano empezamos tamén a facer algo único en Galicia, que é o tema das patrullas escolares, como vemos en moitas películas americanas, nas que van os profesores e todos os nenos cos chalecos, e os nenos levan ademais unha paleta co Stop e dirección obrigatoria para cortar o tráfico cada vez que pasan as estradas de forma máis segura”.

Jesús Amor Prieto subliña que “eliximos este debuxo porque tiña ademais unha serie de características que buscábamos e que entendemos que é fundamental. Un logo de Foz ou de calquera sitio que represente debe levar unha serie de características fundamentais. Para nosoutros das características que ten Foz unha delas pode ser as praias, outra delas pode ser esas tres letras, que é algo curto, non é como se fora unha palabra moi longa; outro elemento fundamental é a catedral de San Martiño, que tamén é típico de aquí. Neste debuxo aparecen as tres letras de Foz en forma de dirección prohibida, en forma de curva sinuosa a dereita e esquerda, e en forma de semáforo. Aparece tamén un paso de peóns, co cal eu creo que é bastante fundamental. O outro co que estaba empatado era o tema do escudo de Foz modificado poñendo tamén un parque de educación viaria e sinais”.

O xefe da Policía Local de Foz comenta que “o premio é 200 euros en material escolar de formación”.

Exit mobile version