A experimentada porteira, que compartiu responsabilidades na capitanía con Bea Mateos, volverá ser unha referencia na escuadra: “Había interese por ambas as partes. A miña primeira opción sempre foi Burela e o club púxomo doado”. “Este ano xa acabou e agora toca de novo traballar e aspirar a máis” confesaba así Jozi as súas metas para a próxima campaña: “Podiamos repetir o título de liga, ser campioas de España…”, pensaba en voz alta e sorrindo a meta: “Este foi un ano de transición, pero o Burela e a afección merecen máis e o próximo ano por que non gañar títulos” reflexionaba Jozi.