Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de Foz plataforma de futuro para instar ó equipo de goberno do Concello a dotar de wifi a praza Rosalía de Castro e parque Conde de Fontao

O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No Pleno do pasado mes de abril, na orde do día, incluíase a proposta do equipo de goberno de modificación de crédito para dar uso ó remanente do ano 2016 neste ano 2017. Unha das propostas que se incluía era poñer unha partida presupostaría de 10.000€ para dotar dúas prazas do noso Concello de zoa wifi gratuíta para todas aquelas persoas que quixeran usalo. Esta proposta fora incluída no programa electoral de “Foz, Plataforma de Futuro”, e así mesmo foi pedida por este mesmo Grupo Municipal para incluír nesta modificación de crédito durante as negociacións do presuposto para o ano 2017. Nos últimos días vimos como o Alcalde do noso Concello saía nos medios de comunicación propoñendo algún nome dalgunha praza onde podería incluírse este proxecto.
Sen embargo dende a nosa formación, quixemos consultar cos veciños e veciñas cales serían as prazas nas cales poderíamos poñer este servizo en marcha, e así instalar este servizo escoitando as necesidades reais dos nosos veciños e veciñas.
Os resultados de dita enquisa foron os seguintes:Praza Conde de Fontao 37,7%,Praza Rosalía de Castro (Campo da Cabana) 23,2%, Praza de Vilalba 10,1%, Praza Martinez Otero 10,1%, Praza Antón Vilar ponte 4,3%, Praza Pardo de Cela 4,3%, Praza de Galicia 4,3%, Outras 5,8%.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:

1-Dotar de zoa wifi a praza Rosalía de Castro(Campo da Cabana) e o parque Conde de Fontao.

Exit mobile version