Recepción no Concello aos alumnos de Praga que estiveron a participar nun intercambio con rapaces e rapazas do IES Monte Castelo
redac
Coñeceron ao alcalde, Alfredo Llano, visitaron o seu lugar de traballo e recibiron da súa man uns agasallos no salón de plenos, onde el lles dirixiu tamén unhas palabras. O rexedor contou que “este alumnado de bacharelato estivo a convivir con familias de Burela, ao igual que xa fixeron os nosos rapaces cando visitaron Praga. Son experiencias moi interesantes e positivas para todos eles”.