Site icon Crónica3.com A Mariña

O alumnado de 4º da ESO do IES Perdouro retirou 14 sacos de lixo na zona do Perdouro. con esta actividade o Concello, en colaboración con Coge 3 e con Gaia, quixo celebrar o día mundial dos océanos

090617 Foto Oceanos BurelaBurela, 9 de xuño de 2017. Con motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, 30 alumnos de 4º da ESO do IES Perdouro, xunto con mestres, as monitoras do Centro Gaia e Coge 3 limparon hoxe a zona do Perdouro. Entre o lixo recollido destacan rodas, redes e botellas plásticas (en total 14 sacos).

Desde a Concellería de Medio Ambiente explican que “sempre que realizamos estas limpezas atopámonos cunha gran cantidade de materiais plásticos. Os plásticos son un dos maiores inimigos para a natureza, cada ano prodúcense máis de 300 millóns de toneladas deste tipo de residuos, o cal non é biodegradable e acaba en moitas ocasións no mar á deriva, non só contaminando as nosas augas senón tamén facendo un importante dano á fauna mariña. O plástico é responsable do 70% da contaminación mariña. Ademais gustaríanos destacar que os plásticos son os residuos máis duradeiros da sociedade: unha bolsa plástica tarda en descompoñerse aproximadamente 150 anos, unha botella de plástico de 100 a 1000 anos e unha lata de refresco 10 anos”.

E subliñan que “entre todos podemos evitar este dano irreversible á natureza de varios xeitos: minimizando o uso de envases plásticos, reutilizando este tipo de envases, depositándoos no contedor amarelo e non tirando ao mar o lixo”.

Exit mobile version