Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello coloca 4 contedores de recollida selectiva en cada unha das praias de Burela

IMG_20170610_191503Burela, 12 de xuño de 2017. A Delegación de Medio Ambiente xunto coa de Obras están preparando as praias para a tempada de baño que vai do 15 de xuño ao 15 de setembro.

Noelia Mª Ben, concelleira de Medio Ambiente, subliña que “como novidade este ano temos que destacar a colocación de 4 contedores de recollida selectiva dentro das propias praias: cartón e papel, envases lixeiros, vidro e xenérico”.

A edil socialista lembrou que “ata o de agora as praias so contaban na area con dous (xenérico e envases lixeiros), pero pareceunos moi importante ter os catro dentro dos areais para así facilitar a reciclaxe da maior parte dos residuos que se xeran nas praias”.

Para Noelia Mª Ben “xa non temos escusa para reciclar tanto na casa como na praia. É moi importante recordarlle aos residentes e turistas a necesidade de manter as praias limpas e de separar o lixo nos distintos contedores”.

Exit mobile version