Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela pide a colaboración para non estacionar o sábado nas rúas Igrexa, Correo e Eijo Garay debido á confección das alfombras florais desde primeiras horas da mañá

Burela, 1 de xuño de 2017. O Concello pide a colaboración veciñal para que o sábado, 3 de xuño, non se aparque nas rúas da Igrexa, Correo e Eijo Garay co obxectivo de facilitar a creación da alfombra floral pola que baixará a procesión coa Virxe nesa xornada. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, felicita as festas aos veciños e veciñas, e anímaos a participar do programa de actividades que se desenvolverá estes días.

O rexedor dixo: “o sábado quero recomendar aos veciños, que seguro que xa o saben porque están sempre participando en todo, pero informarlles de que o sábado a partires das nove da mañá necesitaríamos que tiveran libre os aparcamentos, que foran todos os coches para outra zona, na rúas da Igrexa, Correo, e Eijo Garay ata a proximidade da Cruz Vermella para que non aparque ninguén coa finalidade de favorecer que se monte perfectamente a alfombra floral a partires das nove da mañá”.

Alfredo Llano manifestou: “xa sei que nalgunha circunstancia é molestar un pouco procurar que busquen un aparcamento noutro lado, pero é case unha necesidade e unha colaboración que debemos facer todos para que quede ben disposta toda a zona do alfombrado. Contamos coa súa colaboración e tamén pedimos desculpas ao mesmo tempo. Xa sei que nestas actuacións hai a colaboración máxima, existe a solidariedade total e polo tanto imos intentar facelo todo ben. A ver se a partires das nove da mañá queda todo libre para non andar despois ocasionando algo que poida molestar á formación da alfombra”.
Por outra banda, o alcalde burelés, agora que se achegan os días grandes das festas patronais, quere convidar “a que participe toda a xente de Burela, que participe nos actos que se celebran con motivo das festas, que gocen dos festexos o máximo posible, que inviten aos seus familiares e amigos, e que participen tamén nas festas. Que nos sintamos todos unidos e compartindo algo que debe ser bonito porque é unha vez ao ano, e que ademais penso que é algo moi merecido despois do traballo, os esforzos e as preocupacións que dá a vida, polo menos compensalo a través das festas”

Alfredo Llano insistiu en “animar a todo o mundo a participar en todos os actos, e tamén que gocen das festas e fagan gozar a todos aqueles que veñan por aquí, que se sintan moi a gusto e nos sintamos todos moi a gusto nestas festas patronais deste ano”.

Un dos pratos fortes da programación será o concerto que mañá pola noite ofrecerá Café Quijano. A entrada é de balde.

Exit mobile version