Tal e como sinalou Villares, “cremos que a iniciativa resultou moi interesante e produtiva como complemento formativo, e así nolo trasladaron tamén dende os propios centros, polo que nos plantexamos achegar a proposta a veciños, organizacións e asociacións que desexen coñecer de preto o funcionamento tanto da pranta de San Ciprián, de última xeración; de tratamentos físicos e químicos; como da de Cervo, que é ecolóxica e que emprega un sistema innovador de plantas macrofitas, e que puxemos en funcionamento no ano 2015”.
É unha oportunidade para ver todo o proceso de depuración das augas residuais, e o esforzo que require o seu tratamento, para axudar a fomentar a concienciación e incidir no respecto ambiental.
Esta mesma mañá a edil de medio ambiente, Manuela Méndez, acompañou a un grupo de alumnos do CEIP de Cervo nunha visita programada á depuradora ecolóxica de plantas macrofitas, que percorreron a instalación e recibiron unha clase teórico-práctica da man de técnicos municipais cualificados.
Estas visitas guiadas forman parte dunha estratexia ambiental que foi deseñada dende a delegación de medio ambiente do Concello, que veu ligada en boa parte á inclusión de Cervo na Rede de Gobernos Locais +biodiversidade da que Cervo forma parte dende finais de 2016.
Unha sección da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) encamiñada á promoción de políticas locais para o uso sostible dos nosos recursos naturais, á preservación do patrimonio natural e ao fomento do desenvolvemento rural, baixo criterios de sostenibilidade.
Segundo sinala o rexedor, estas visitas son un dos eixos principais sobre os que se asenta o programa, no que tamén prestamos especial atención á reforestación con especies autóctonas produtivas ou á loita contra especies exótica invasoras, como a unlla de gato ou os chamados plumeiros da pampa, que temos localizados nalgunhas zonas do municipio. E tamén, con carácter periodico entregamos aos veciños que así solicitan composteiros de balde, para fomentar a autoxestión de residuos orgánicos, e xa son máis de 170 as familias que contan cun a día de hoxe.
Aqueles colectivos interesados en participar nestas visitas guiadas, poden poñerse en contacto co Concello de Cervo a través das diferentes canles de comunicación: redes sociais, páxina web, ou chamando ao teléfono 982.55.77.77.