Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz organiza para os meses de xullo e agosto o programa “aberto por vacacións”, destinado a nen@s de 3 a 12 anos

A Delegación de Xuventude do Concello focense explica que é “un programa de actividades que se desenvolverán de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas. O custo é de 15 euros ao mes. O primeiro día de inscrición será o luns 26 de xuño e poden elixir xullo, agosto ou para ambos meses. As actividades comezarán o 5 de xullo, pero antes, o día 3, realizaremos unha reunión de presentación, na que se entregará aos/ás inscritos/as a programación dos primeiros 15 días. Haberá actividades moi variadas para que os/as nenos/as gocen dun gran verán”.

Exit mobile version