Site icon Crónica3.com A Mariña

O gaiteiro Carlos Núñez visitou Ribadeo e comeu no restaurante Marinero

260617-CARLOS-NÚÑEZ-NO-RESTAURANTE-MARINERO-RIBADEOCarlos Núñez estivo na vila ribadense antes de viaxar ao municipio cántabro de Camargo para ofrecer un concerto que congregou a multitude de público. Durante a pasada primavera fixo unha xira por Estados Unidos e Canadá e para os vindeiros meses ten programadas máis de 20 actuacións en diversos lugares de España e Francia. Durante a súa visita a Ribadeo o famoso gaiteiro fixo gala da súa amabilidade e sinxeleza e accedeu a facerse fotos cos que llo pediron, como algúns dos camareiros do bar restaurante Marinero.

Exit mobile version