Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP denuncia que non se están a cubrir baixas laboráis no servicio de recollida de lixo en Burela

Burela, a 26 de xuño de 2017.- O Grupo Municipal Popular denunciou hoxe que “según as nosas informacións, nestes momentos hai baixas laboráis no servicio de recollida de lixo e limpeza viaria sen cubrir. Concretamente hai tres baixas e unha persoa con vacacións e deses catro postos de traballo só un está cuberto, o que vai en detrimento do servicio e do aumento de postos de traballo anunciado polo alcalde e que resultou ser outra mentira máis: xa non é que non se aumenten os postos de traballo anunciados polo alcalde, é que nin siquera se cubren as baixas e as vacacións”.

Por outra parte, os populares aseguran que “a máquina limpapraias serve únicamente para remover a area e desde logo non é a máquina que se anunciou, nin se parece en nada á que tén algún concello próximo ó noso. Tanto é así, que estivo en funcionamento o día quince e tivo que pasar directamente a un taller debido a que tén máis anos ca Matusalén e está totalmente roída polo óxido, ainda que viña pintadiña de novo, como se nova fose, e non volveu ás praias hasta o pasado venres. O que o primeiro tenente de alcalde calificou como un gran logro, quedouse no intento”.

Segundo os populares, “o alcalde e o tenente de alcalde deberían facerse mirar todo o que din e todo o que anuncian, e verificar se neste caso se está a cumplir co contrato. Nós entendemos que esa máquina tén moitas horas de uso, máis das que se fixaban na documentación pola que se rexiu a adxudicación do servicio hai uns meses, e polo tanto habería que ver se procede o pago da factura ou hai que facer algunha deducción”.

Desde o GMP entenden que “nin a prudencia nin a modestia son cualidades nin do alcalde nin do tenente de alcalde, e esto é o que pasa cando un non cumple como debe co seu traballo”.
Os edís populares aseguran que “tres meses despóis de ter cambiado de empresa, o certo e evidente é que a día de hoxe Burela non tén millorado a súa limpeza: seguen a barrerse as rúas do centro polas tardes, coa conseguinte mala imaxe; a recollida de papel e cartón non está funcionando axeitadamente; estase a usar unha barredora de ‘playmovil’ e a que realmente hai que usar está parada na nave desde hai tres meses; …”.

Finalmente, “reclamámoslle ó alcalde que proceda a revisar o contrato punto por punto e verificar o seu cumplimento. E ó primeiro tenente de alcalde que non presuma tanto de tractor limpapraias, e que xa que según el mesmo di é o ‘alcalde de facto’, solucione dunha vez por todas os problemas que existen na recollida de lixo e na limpeza viaria, que os hai, aina que el non os queira ver”.

Exit mobile version