Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación amplía ata o 15 de xullo a mostra lúdico-cultural de plastilina dirixida aos cativos da provincia

IMG_2550Lugo, 26 de xuño de 2017. O Goberno da Deputación amplía 15 días máis, ata o 15 de xullo, a exposición Plastihistoria da Ciencia, que organiza a Fundación Educa, e que está exposta no Centro de Artesanía e Deseño. Trátase da mostra que ofrece o Executivo Provincial, dirixida aos cativos da provincia, co obxectivo de que os nenos adquiran coñecementos novos nun entorno lúdico que estimule a súa aprendizaxe. O horario é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.

A exposición Plastihistoria da Ciencia, que se expón por primeira vez en Galicia, conta con 20 escenas elaboradas integramente de plastilina, ademais de utilizar outros materiais como papel, madeira, cartón pluma, musgo e abaloiros. Na mostra se recollen todas as disciplinas da ciencia (física, química, matemática, medicina, xenética, bioloxía, astroloxía) representando en plastilina algúns momentos históricos dun descubrimento ou do seu inventor. A colección da Fundación Educa xa estivo en cidades como Madrid, Sevilla ou Valladolid acadando moito éxito de participación.

Fundación Educa
Educa é unha fundación sen ánimo de lucro, que aposta polo traballo coa infancia e os mozos, a través da educación e a formación, sendo estes medios os motores de enriquecemento da sociedade e do progreso. Por ese motivo, varios dos seus eixos de actuación céntranse na promoción de estudos, a investigación e a participación en proxectos que traballen pedagoxicamente a educación formal e non formal. A Fundación Educa traballa en novos ámbitos, destacando o apartado dedicado á promoción artística e cultural cun fin formativo e educativo dos cidadáns, froito do cal xorden varias exposicións.

Exit mobile version