Santos Ramos destacou que “colaboramos con esta iniciativa solidaria a través do Plan Único da Deputación, pondo á disposición do Alcalde 8.000 euros para financiar varias actividades deportivas e culturais. Trátase, ademais, dunha actividade lúdica en contacto coa natureza, nun enclave único como é o Concello de Xermade”. O Alcalde de Xermade agradeceu a colaboración do Goberno da Deputación e adiantou que se espera a participación duns 100 ciclistas de todas as idades.
Esta proba, de carácter non competitivo, é completamente gratuíta para as persoas que desexen participar. Poden inscribirse tanto adultos como nenos e nenas pero os menores deberán ir acompañados dun adulto responsable que deberá xulgar a súa capacidade para realizar a marcha. Arrancará as 10:00 horas dende a praza do Concellos de Xermade ata a Charca do Alligal sendo, en total, uns 18 quilómetros.
Inscricións
As persoas interesadas en participar na II Pedalada Solidaria do Concello de Xermade poden facelo ata o vindeiro 29 de xuño cubrindo o formulario que se atopa na web www.xermade.org ou a través do teléfono 982501001. É fundamental cubrir correctamente os datos do formulario para as coberturas do seguro.