Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación insta ao da Xunta a emendar os plans de camiños e transporte público

FOTO PREVIA PLENOLugo, 26 de xuño de 2017. O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este luns sobre as mocións que o Executivo Provincial presenta mañá ao Pleno para instar á Xunta de Galicia a emendar os seus plans de camiños e transporte público, pois “son un ataque ao rural”.

Santos Ramos explicou que o Goberno galego recortou na provincia de Lugo en máis de 6 millóns de euros o Plan de Mellora de Camiños. É a única programación autonómica que garante aos 67 Concellos da provincia fondos da Xunta para obras, sendo, en algúns casos, o único investimento que reciben os municipios por parte do Executivo galego.

No 2016, o Plan de Mellora de Camiños para Lugo contou con 5,3 millóns de euros. Este ano está dotado de 2 millóns, sufrindo unha baixada de 3,3 millóns de euros con respecto á anualidade pasada. A situación repítese no 2018 (tamén hai para obras outros 2 millóns, sendo 3,3 millóns de euros menos). Polo tanto, a Xunta recortou en 6,6 millóns de euros os fondos para este programación na provincia. Os Concellos reciben un 62% menos.

Ante esta situación, o Goberno da Deputación presenta á sesión plenaria de mañá os seguintes acordos: “instar á Xunta de Galicia a incrementar a axuda correspondente ao Plan de Mellora de Camiños Municipais, asegurando, a lo menos e en cada anualidade (2017-2018), o mesmo importe das axudas concedidas no 2016; e que, en vindeiras anualidades, atenda a capacidade orzamentaria deste plan dun xeito prioritario”.

Plan de Transporte Público
O voceiro do Goberno da Deputación avanzou que coa outra moción que o Executivo Provincial presenta ao Pleno do martes búscase o consenso da Corporación Provincial para “instar á Xunta de Galicia a que emende o Plan de Transporte Público, establecendo un proceso participativo presencial, no que se impliquen todos os axentes afectados”.

Santos Ramos lembrou que as empresas concesionarias desta prestación pública renunciaron a 578 rutas na Comunidade, sendo Lugo unha das provincias máis afectadas, pois perdeu o 63% das líneas existentes. Tras isto, a Xunta de Galicia, administración responsable deste servizo, anunciou un novo mapa de transporte público de viaxeiros por estrada, comprometéndose a atender ás peticións de usuarios, Concellos, entidades ou traballadores, na elaboración das rutas.

“Non houbo un proceso participativo real, non se atendeu á realidade dos Concellos, pois vemos como municipios, como Alfoz e O Valadouro, se quedaron fóra, sumándose á Folgoso do Courel, que leva anos sen transporte público. A modificación do transporte público debe ser un estímulo para o asentamento de poboación e non supor un novo ataque ao rural para que se quede baleiro”, subliñou o voceiro do Goberno Provincial.

Exit mobile version