Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación mellora en Muras con 250.000 euros accesos a núcleos poboacionais e explotacións gandeiras

dario campos-visita muras 2Lugo, 28 de xuño de 2017. O Presidente da Deputación, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e ao Tenente Alcalde, Mario Rouco, informou este mércores sobre as actuacións que o Goberno Provincial levou a este municipio chairego con 200.000 euros do orzamento de 2016 e as primeiras de 130.000 euros do presuposto deste ano. Campos Conde explicou que do total achegado ata o de agora, e que se incrementará, máis de 250.000 son para a mellora de accesos a núcleos poboacionais e explotacións gandeiras e 75.000 euros para prestar servizos sociais a maiores e ofrecer emprego.

Campos, Requeijo e Rouco supervisaron as melloras executadas nos accesos á rúa José Ramón Puentes, na parroquia de Muras, e no acceso a Carrís, na parroquia da Balsa. Consistiron no aglomerado en quente destas vías públicas, que dan acceso a núcleos poboacionais, nos que viven unhas 10 familias, e a unha ducia de explotacións gandeiras. O Goberno da Deputación financiou estas actuacións con 58.600 euros.

O Presidente adiantou que o Executivo Provincial achegou outros 130.000 euros para o arranxo doutros 17 accesos a núcleos poboacionais, nos que residen outras 60 familias, e a unhas 6 explotación gandeiras. Estas melloras levaranse a cabo en vías públicas nos núcleos de Rebordelos e Aborbo, na parroquia do Viveiró; Santar e Ameixeiras, en Ambosores; O Porto Novo, Cabana, Armada, Cuíñas de Abaixo, As Cuíñas e Debodas, na de Muras; Carregal e Armada de Abaixo, no Burgo; Aguillal e Cotelo, na Balsa; e Sabucedo, O Pico e Suaschousas, en Irixoá.

Consistorio e aforro de custos
O Presidente supervisou os traballos que se están a levar a cabo no Consistorio e que consisten no revestimento das fiestras, pois esta edificación pública ten problemas de illamento térmico, que provocan a filtración de correntes e humidades en teitos e paredes. O Executivo Provincial financia con 25.000 euros estas actuacións, que, ademais, contribuirán a reducir a factura de calefacción.

Xeración de emprego
Campo Conde mantivo un encontro cos 4 novos traballadores que comezaron a súa vida laboral en Muras a través do DepuEmprego, a programación coa que o Goberno Provincial financia os custos da contratación de profesionais cos que reforzar a prestación de servizos públicos que os municipios teñen que prestar aos veciños. Con case 50.000 euros, neste Concello chairego traballan 1 condutor, 1 auxiliar administrativo, 1 técnico administrativo e 1 educador social.

Reforzo dos servizos socias
O Presidente tamén visitou a maiores que está a atender o Goberno da Deputación en Muras porque a Xunta de Galicia non o fai ao non telos catalogados como dependentes. Son 34 os veciños do municipio os que se atopan neste situación e aos que o Executivo Provincial ofrece atención profesional a través do Servizo a Domicilio a non dependente e da Teleasistencia gratuíta. Faino achegando uns 25.000 euros, que permiten ofrecer preto de 6.500 horas de atención e a contratación de profesionais neste eido para poder facelo.

Exit mobile version