Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación promociona o pasado romano durante o Arde Lucus con visitas ao Museo Provincial e do Mar

DSC_0170Lugo, 28 de xuño de 2017. O Goberno da Deputación ofrece a través da Rede Museística Provincial de Lugo unha programación de visitas guiadas ao Museo Provincial de Lugo e ao Museo do Mar, en San Cibrao, para todas as idades e totalmente gratuítas, durante a celebración do MMXVII Arde Lucus, dende o 29 de xuño ao 2 de xullo. Trátase da iniciativa do Executivo Provincial para dar a coñecer e promocionar as obras e obxectos da cultura castrexo-romana, como por exemplo as coleccións das salas de Ourivería Prerromana e Romana e a sala dos Mosaicos Romanos.

Cada visita ten un máximo de 15 prazas e unha duración de vinte minutos. As persoas interesadas en participar no Museo Provincial de Lugo poden inscribirse no 982 24 23 00 ou presentarse 5 minutos antes da hora de inicio na recepción do museo. Para as do Museo do Mar no 982 59 45 72.

Programación de visitas
Museo Provincial de Lugo
– O xoves 29 de xuño ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Aras, estelas, relevos e placas funerarias. Ritos mortuorios en Lucus Augusti.
– O venres 30 de xuño ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Divindades, indíxenas e romanas en Lucus Augusti.
– O sábado 1 de xullo ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Roma pagaba e negociaba con ases, denarios… e outras moedas.
– O domingo 2 de xullo ás 12:00 horas terá lugar a visita guiada Paulo Fabio Máximo. Legat Caesaris. A fundación de Lucus Augusti.

Museo do Mar
O xoves 29 de xuño ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Os cazadores de baleas.
– O venres 30 de xuño ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Aproveitamento do marisqueo castrexo polos romanos.
– O sábado 1 de xullo ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Aproveitamento do marisqueo castrexo polos romanos.
– O domingo 2 de xullo ás 12:00 horas terá lugar a visita guiada Aproveitamento do marisqueo castrexo polos romanos.

Exit mobile version