Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación recibe fondos da UE para medidas de 2 millóns coas que aproveitar espazos da Rede Natura

Lugo, 23 de xuño 2017. O Executivo da Deputación aprobou este venres na Xunta de Goberno recibir da Unión Europea 1,4 millóns de euros para o desenvolvemento do proxecto Xestión en común da terra, un modelo de conservación e desenvolvemento rural en Zonas Especiais de Conservación, que presentou á entidade comunitaria ao abeiro da programación Life.

A Unión Europea vén de premiar a iniciativa do Goberno Provincial, concedéndolle dita cantidade orzamentaria, que se suma aos 206.000 euros que achega a propia Deputación, aos 145.000 euros da Universidade de Santiago de Compostela e a outro tanto por parte da Universidade da Coruña.

Son case 2 millóns de euros para a posta en marcha de medidas que permitan aproveitar e mellorar a produción de montes veciñais en man común, situados en espazos da Rede Natura 2000, e conservar os seus hábitat naturais.

O Goberno da Deputación presentou este proxecto, tendo en conta as limitacións que supón para o sector agrogandeiro ter terreos na Rede Natura, pois a Xunta só se ocupou de catalogar este espazo, sen desenvolver un plan de actuación que permita a súa posta en valor. “Foi unha acción restritiva e non construtiva”, destacou Santos.

Medidas cos veciñas na Serra do Xistral
O Executivo Provincial realizará este proxecto nos montes veciñais da Serra do Xistral, é dicir, en espazos dos Concellos de Abadín, Muras, Ourol, O Valadouro e Viveiro. Contará coa participación directa dos veciños, pois cada un das medidas que se acorden poñer en marcha serán acordadas polos usuarios destes espazos. Por exemplo, executar obras para abrir camiños, habilitar cercos ou renovar pastizais con maquinaria ou mesmo animais, entre outras. O período de implantación das medidas participativa é de 5 anos.

Exit mobile version