Site icon Crónica3.com A Mariña

O mercado comarcal gandeiro acollerá un circuíto de educación viaria este venres, día 9. Está actividade gratuíta organizada polo Concello de Lourenzá e está dirixida a nen@s e rapaces de 3 a 16 anos

CARTEL CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIAL EN LOURENZÁ O 09-06-17Os interesados en participar deben apuntarse na biblioteca municipal e o prazo remata mañá, xoves, día 8.
O concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, destaca a importancia que teñen as actividades deste tipo e explica que “en circuítos deste tipo os nenos e nenas asumen o papel de peóns, de pasaxeiros e de condutores e aprenden normas de comportamento responsable relacionadas coa educación viaria. Non esquezamos que os nenos e nenas de hoxe serán os adultos de mañá e por tanto é fundamental promover comportamentos e actitudes responsables e cívicas dos máis pequenos en relación co tráfico”.

Exit mobile version