Site icon Crónica3.com A Mariña

O X campus de verán de patinaxe artística en Foz celebrarase do 26 ao 30 deste mes

140617 PRESENTACIÓN CAMPUS DE PATINAXE FOZ 2017O campus, que está organizado polo Concello de Foz e Escolas do Deporte, é de iniciación e perfeccionamento e está dirixido a maiores de 4 anos de idade. A organización explica que esta iniciativa “ofrece, ademais dos aspectos específicos da patinaxe artística, actividades complementarias lúdico-recreativas para que os participantes, ao mesmo tempo de formarse, gocen das praias, de actividades na natureza e de animación e de excursións culturais”. O prazo de inscrición está aberto ata este domingo, día 18, e os interesados deben contactar coa organización a través dos teléfonos 686.105.917 o 636.504.155. As prazas son limitadas.

Exit mobile version