Internacional Sub-19 con España, José Colacha, despois de medrar na estrutura de base de CD Menciana e Ategua, asinou por Palma en 2015. Pola súa banda, Pope, formado nas categorías de base de Manacor, deu o salto ao equipo sénior en 2013; tamén militou nas filas de Naturpellet Segovia (2015-16) e FSD Puertollano e Palma, no último exercicio.
Cos xogadores procedentes do club insular, xa son 5 as incorporacións ao proxecto laranxa de 2017-18 que liderará Juanma Marrube, xunto ao salmantino Chus Blázquez, desde Naturpellet Segovia, ao viveirense Sergio Cora e ao madrileño Víctor López, desde Cagliari Futsal.