Site icon Crónica3.com A Mariña

OUTRO SOCIALISMO É POSIBLE

Non séi que sensacións provocaría a recente moción de censura do deputado Igresias ao presidente do Goberno , Mariano Rajoy. Non o sei porque o que leo sóame a chinés. debín estar na canle deradio equivocada, leer o periódico de deportes, porque en ningures atopo comentario algún, polo menos de xeito claro, respecto ao gran favor que lle fixo o señor da coleta ao señor de Pontevedra. Mariano Rajoy entrou desde o principio ao trapo e, aínda que non estivo no seu mellor nivel dialéctico parlamentario,-que o ten, e moito apurou o efecto de poñerse á fronte da manifestación, o cal era a súa obrigación, por outra banda. Con todo iso, con ese ton de sarxento de campo de concentración siberiano ou de cura pederasta, o señor Igrexas continuou no labor que a dereita e os poderes de verdade encomendáronlle desde o principio, e que el cumpre a machada: Divide e venceras. hai que impedir que o PSOE volva ser un partido con posibilidades de gobernar este país. E o do martes e o mércores foi un novo capítulo desa serie, un novo estacazo para que a esquerda democrática enderece os desastres sociais que se perpetraron co pretexto da crise, as desigualdades, as inxustizas e os abandonos dos que peor o pasan. É moi probable que Rajoy consiga esgotar a lexislatura e, tamén, que se volva a presentar e a gañar, e a gobernar. E iso é así porque Podemos axuda co seu discurso sulfúrico e estéril e porque o PSOE aínda non se deu conta de onde lle veñen as hostias, as que fan dano de verdade. Veremos este fin de seman o seu congreso, contemplaremos algunha que outra vinganza, máis dunha postura incomprensible, desdéns e desprezos tinguidos de unidade imposible, e a un secretario xeral rodeado dunha executiva imposible . Pero quérense así, a militancia falou, camiño dun novo socialismo, mas a esquerda alexandose do precipicio do pacto co dereita que tamen abunda dentro dos mesmos socialistas, impotentes para entrar en razón, para elaborar un discurso socialdemócrata acorde cos tempos e capaz de ilusionar e de colocar unhas gotitas de esperanza nas mentes dos máis desesperados. Agora que se cumpriron corenta anos daquelas primeiras eleccións logo doutros corenta, parece que non vai quedar outro remedio que volver á ponerse os trastos de traballar, ou ás barricadas literarias. Porque a participación faisemais necesaria para alexarse da confunsion de aqueles que dicen “Todos somos iguales” mentras meten as suas porcas mans da caixa do publico. Que mais quixeran eles que que todos foramos iguales. Bienvenidos, pois a unha nova idade da esquerda en periodo dixital.

Exit mobile version