Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación de “Xove concilia verán”

IMG_20170622_192627Este xoves 22 e no salón de actos do Centro Cívico, presentouse o Programa “Xove Concilia Verán, dirixido a menores de 3 a 10 anos. Este programa, organizado polo Concello de Xove, ten como obxectivo crear un espazo lúdico e educativo de luns a venres que permita ás familias conciliar a vida familiar e laboral. Xove Concilia Verán foi presentado polo Alcalde, Demetrio Salgueiro e as Concelleiras de Xuventude, Cristina Iglesias, e de Igualdade, Ana Abad. Tamén estiveron presentes os monitores da empresa Lucus Neda encargada da impartición das actividades.

Exit mobile version