Site icon Crónica3.com A Mariña

San Xoán en Alfoz

19437526_697420633782272_171208632029359300_nA noite do venres celebrouse en Alfoz o tradicional folión da noite de San Xoán, organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo en colaboración co Concello de Alfoz. A cita comezou ás 21.30 para os numerosos asistentes que se achegaron a degustar unha cea composta a base de sardiñas, chourizos, panceta e pan. Ao remate do banquete o grupo de teatro a Adala de Fazouro representou a obra “Xuízo a María Soliño”, serviuse a tradicional queimada a todos/as os/as veciños/as e finalmente acendeuse a fogueira. O cuarteto tradicional “Catro Canos” amenizou a velada ata altas horas da madrugada.

 

Exit mobile version