A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes de Xove acaba de sacar unha nota informativa na que se abre o prazo para solicitar autorización para todos aqueles que queiran facer a tradicional Fogueira do San Xoán. O prazo rematará o 21 de xuño e poderá facerse no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, no 1º andar da Casa Consistorial.