Site icon Crónica3.com A Mariña

Turismo de Galicia destina 40.000 euros ao Concello de Alfoz para acondicionar o acceso á fervenza de Escouridal e sinalizar outros recursos

Alfoz, 28 de xuño de 2017.- Turismo de Galicia destina 40.600 euros ao Concello de Alfoz para acondicionar a ruta de acceso á fervenza de Escouridal e sinalizar outros recursos turísticos do municipio.

Así o confirmou hoxe o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, que incidiu na importancia de potenciar os recursos turísticos e culturais “para diversificar a economía rural”.

Esta medida de Turismo de Galicia enmárcase dentro da orde de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), en liña co Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Segundo explicou Balseiro, as axudas teñen por obxecto “consolidar a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística”.

Deste xeito, engadiu, “aproveitamos outro mecanismo de reequilibrio territorial, e ao mesmo tempo, incidimos no tipo de turismo que queremos desenvolver na provincia: accesible, sustentable e de calidade”.

As subvencións de Turismo de Galicia están orientadas a mellorar a accesibilidade e a sinalización de recursos como miradoiros e espazos de interese paisaxístico, praias, encoros, fervenzas, bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia, sendeiros e rutas e outras infraestruturas de interese turístico.

Exit mobile version