Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo duns 110 veciños e veciñas de Barreiros desprazáronse este luns ata San Andrés de Teixido, nunha viaxe organizada polo Concello

260617 Foto Barreiros en San AndrésAlí foron á misa, visitaron o santuario e xantaron en Cedeira. Pola tarde, xa de volta cara á Mariña, achegaranse ata o banco de Loiba. O alcalde, Alfonso Fuente, que acompañou aos veciñ@s nesta excursión explicou que “tivemos que adiantar a data da viaxe un día. Iamos ir mañá, pero debido á folga do transporte finalmente avisamos a todas as persoas anotadas e cambiámola para hoxe, para evitar posibles complicacións na xornada de mañá”. A expedición barreirense está a gozar desta xornada por terras de Cedeira e Ortigueira.

Exit mobile version