Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha delegación focense encabezada polo alcalde participou en Madrid nun casting para o programa de televisión “Got talent España” representando á festa normanda

240617 REPRESENTACIÓN DA FESTA NORMANDA DE FOZ NO CASTING DE GOT TALENTFoz, 24 de xuño de 2017. Unha delegación focense encabezada polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e formada por un total de 22 persoas participou hoxe, sábado, en Madrid nun casting para a próxima tempada do programa de televisión Got Talent España facendo unha representación da Festa Normanda
O rexedor municipal destacou que “na Praza de Colón escenificouse a lenda do Bispo Santo para mostrar a espectacularidade da festa e o seu rigor na recreación histórica. A experiencia para o grupo foi tremendamente positiva e serviu para promocionar a Festa Normanda na capital, no mesmo centro de Madrid, e tendo ademais unha oportunidade de participar nun dos programas con máis audiencia da televisión nacional, que pediu á comisión organizadora do evento a asistencia a este casting pois a boa promoción da festa chegou aos oídos da produtora”.

Javier Castiñeira explicou que “o grupo saíu de Foz ás 3 da mañá e as 11 xa estaban actuando. Pasaremos o día en Madrid e mañá viremos de volta coa agradable experiencia de participar nun casting dun programa de televisión punteiro”.

Exit mobile version