Site icon Crónica3.com A Mariña

XIX Mercado Medieval de Alfoz

Alfoz prepara unha nova edición do seu Mercado Medieval que chega á súa XIX edición. Como sempre a cita coincide co terceiro fin de semana de Xullo. O mercado arranca o venres 14 de noite para continuar co día grande sábado 15. Estase ultimando o programa aínda que xa se pode adiantar como novidades un desfile de traxes medievais da deseñadora Reme Espantoso o venres, unha revolta irmandiña infantil o sábado e máis actividades e sorpresas que busquen a participación dos asistentes. Calquera artesán que queira participar e poñer posto de venda no Mercado ainda está a tempo. Pode anotarse no tlf 654 99 68 57.

Exit mobile version