Site icon Crónica3.com A Mariña

106 participantes na ruta nocturna de Burela

OLYMPUS DIGITAL CAMERADe todas as edicións da ruta nocturna, e xa van unhas cantas, esta sen dúbida, foi a que maior numero de camiñantes congregou, xa que fomos exactamente 106 os participantes. Os 10 km. que separan as dúas localidades percorrémolos en 2 horas e a noite estaba perfecta para camiñar.
Se hai uns días denunciabamos o mal estado de conservación dalgúns tramos do Camiño Natural por onde transcorre esta ruta nocturna, é de xustiza felicitar aos responsables xa que agora esta en perfecto estado, despois de limpalo.

Exit mobile version