Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Burgo de Trasbar peregrinou ata o Santiago de Sargadelos

IMG-20170725-WA0012No día de Galicia, veciños de Trasbar partiron ás 10.30 h do local social do dito barrio para facer a ruta a pé ata o Santiago de Sargadelos. Foron doce os peregrinos que se votaron a andar, aos que máis tarde na hora do xantar, uniuse outro pequeno grupo chegado en coche. Os camiñantes estiveron acompañados do bo tempo durante todo o seu traxecto, e logo de percorrer o tramo final do seu camiño polo Camiño Real de Cervo a Sargadelos, chegaron ao seu destino onde se lles fixo entrega da súa concha de peregrino. Despois de botar uns bailes na sesión vermú e de xantar nas inmediacións da antiga fábrica, volveron andando ata Trasbar.

Exit mobile version