Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de axuda ó enfermo mental “A Mariña” viaxa a Vilalba para gozar dunha xornada de relax no Spa Attica 21

IMG-20170720-WA0006A Asociación de axuda ó enfermo mental “A Mariña” integrada na Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Saúde Mental Feafes Galicia) está a participar nunha xornada relaxante no Spa Attica 21 de Vilalba , unha actividade na que partipan 22 persoas con enfermidade mental, dos diversos Centros de “A Mariña” acompañados de 4 técnicos.
Ás 11 da mañá chegaban ás instalacións do spa , con un planing de actividades moi interesante. Concretamente, disfrutaron da piscina dinámica do Spa e zona de jacuzzis, ademáis do circuito termal de contrastes, con saunas, duchas bitérmicas, zona de escarcha, pediluvio, ….
Despois disfrutaron todo o grupo dunha comida de confraternización nun entorno inmellorable como é Vilalba, visitando pola tarde o casco histórico e zonas de tanto valor cultural e arquitectónico como a Torre do Homenaxe do Castelo dos Andrade ou a Igrexa Parroquial de Santa María.
Con estas actividades perseguese favorecer as habilidades sociais, a integración na comunicade e desenvolvemento de actitudes fundamentais como a empatía, o respeto e o compañerismo , ao mesmo tempo que se ofrece un espazo de esparcemento e relaxación para os nosos usuarios.
Esta actividade , xunto con outras enmarcadas dentro dos programas de ocio terapéutico e de calidade , repercute moi positivamente na mellora terapéutica de todos os participantes , aumentando a súa calidade de vida, e fomentando relacións de amizade .

Exit mobile version