Burela, 31 de xullo de 2017. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela iniciará 4 novos cursos de formación informática durante o mes de agosto.
Aproveitando o mes de vacacións dos nenos e nenas as seguintes actividades irán dirixidas aos máis pequenos da casa.
O martes, 1 de agosto, da comezo o curso de Mecanografía, dirixido a nenos e nenas a partir de 8 anos. Aprenderán a teclear cos 10 dedos sen mirar ao teclado. Este curso estará dispoñible en dous horarios diferentes de 12:00 a 13:00 horas e de 13:00 a 14:00 horas. Rematará o 31 de agosto.
Tamén o martes, día 1, estrease o curso de LibreOffice Writer: procesador de textos. Esta aplicación serve para redactar, maquetar e formatear calquera tipo de documento. O curso finalizá o 14 de agosto, e impartirase de 11:00 a 12:00 horas.
O 21 de agosto principiará o curso de LibreOffice Impress, o editor de presentacións de LibreOffice, co que se poden crear asombrosas presentacións e diapositivas. Esta actividade desenvolvese de 10:00 a 11:00 horas ata o día 1 de setembro.
O mesmo 21 de agosto comezará o curso de GIMP, un programa de edición de imaxes. No que se introducirá aos nenos e nenas no manexo da ferramenta de retoque fotográfico GIMP. O seu horario será de 11:00 a 12:00 horas, rematando esta actividade o 1 de setembro.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.es