Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comunidade de Montes de Vilaestrofe, do Concello de Cervo, ante a falta de responsabilidade e seriedade da empresa mineira Area Minera del Atlánticos S.L., quere facer chegar o seu punto de vista e explicar as últimas novas acontecidas

San Román de Vilaestrofe, a 22 de Xullo de 2017..Nas últimas datas tivemos contactos coa empresa para desbloquear a situación xerada, en donde o prantexamento da empresa é firmar un novo contrato coa Comunidade para a explotación de caolín nos nosos montes comunais, dado que o actual caduca no ano 2020.

Dende a Comunidade accedimos a tal petición sempre e cando se cumprira coas débedas que tén contraídas cos comuneiros, de preto de 350.000 euros, dos cales 220.000 euros son créditos contra a masa e deben pagalos de xeito inmediato, por iso lles pediamos que expuxeran un plan de pagos serio, (anualidades de 2013 a 2017).

Pois ben, dende a empresa a postura é de non recoñecer ningunha débeda, e que no momento da firma deste contrato se nos daría un “premio”, casualmente a mesma cantidade que adebedan. Evidentemente, trátase dun novo engano por parte desta Dirección, que en nada está disposta a cambiar, pretendendo enredar e dar largas cos seus compromisos e dende Comunidade damos por roto calquer tipo de diálogo coa empresa.

A empresa Area Minera del Atlánticos S.L. Atopábase ata fai uns meses inmersa nun proceso concursal, do cal saiu en setembro de 2016, paralizando a súa producción en decembro de 2014, e ata ese momento vendía caseque o 100% da súa producción, con un material de alta calidade que atopaba cabida no mercado facilmente.

Preto de 60 postos de traballo directa ou indirectamente eran os que cubría a empresa, os cales foron desaparecendo tras o ERE que a empresa solicitou e lle foi concedido.

Dende a Comunidade de Montes vemos con seria preocupación toda esta situación, pois non só están en cuestión as cantidades que actualmente adebedan, senón que se segue coa parálise da actividade dado que están co proceso de transmisión dos dereitos mineiros, os cales actualmente non teñen dado que non cumpren cos requisitos que a Xunta de Galicia lles marca, demostrar viabilidade técnica e económica.

Esto provoca, como xa indicamos en numerosas ocasións, que non se cumpra co mantemento da mina, en donde lembramos hai unha gran fenda, e que poda ocasionar danos importantes no caso de non reanudar a actividade mineira ou de facer as labores de mantemento demandadas (sinalización, balado, limpeza balsas, limpeza pistas forestais, canalización de augas pluviais…)

A Comunidade de Montes tentou por todos os medios chegar a acordos coa Dirección da empresa, pero esta sempre nos dá largas nas súas intencións, e incumpre os seus compromisos, de ahí, que xa optemos por rachar co diálogo e buscar medidas alternativas como así o acordamos os comuneiros en asemblea:

Reclamar no Xulgado do Mercantil a débeda de 350.000 euros contraída pola empresa.
Manter contacto con outros acreedores para actuar conxuntamente.
Prantexar a convocatoria de mobilizacións para protestar pola situación, cun grande acto a pé de mina nunha concentración de veciños.
Realizar un estudio xeotécnico da situación da mina.
Pedir a Xunta de Galicia, a través do Servizo de Minas que se lle inste a empresa a facer as labores de mantemento da mina.
Solicitar no mesmo organismo que se estudie a posibilidade de abrir un novo concurso para a transmisión de dereitos mineiros a outra empresa do sector que demostre viabilidade, peticións para as cales solicitaremos reunións.

Queremos agradecer a disposición que tiveron ata o momento tanto D. Alfonso Villares, Alcalde do Concello de Cervo, como o Delegado D. José Manuel Balseiro, moi sensibilizados con esta problemática e que se puxeron en todo momento á nosa disposición, os cales lles demos traslado destas novas, e cos que seguiremos en contacto para accións futuras

Exit mobile version