Site icon Crónica3.com A Mariña

A fin de semana acuática celebrada na praia focense de Tupide e organizada polo Concello, tivo moita participación

100717 FESTA ACUÁTICA EN FOZ (1)Houbo unha festa infantil acuática o sábado, onde máis de 150 nenos e nenas gozaron de inchables durante toda a tarde. E o domingo as motos de auga tomaron a ría, facendo as delicias de pequenos e maiores. Os pilotos do club Galijet montaron nas súas motos a máis de 200 persoas e a maioría repetiron a experiencia. Dende a organización destacaron que “esta cita estase a converter xa nunha actividade referente para moita xente, que pregunta xa na primavera a data de celebración”.

Exit mobile version