Site icon Crónica3.com A Mariña

A parroquia de Mor (alfoz) celebra o Carme o domingo 16

Fonte MorA Comisión de Festas integrada por Lorena Reigosa, Romina Lorenzo e Raúl Río, continúa o seu labor dinamizador na parroquia de Mor. O domingo 16 celebraranse dúas misas solemnes, a primeira ás 9 da mañá e a segunda ás 12 do mediodía, a seguir, terá lugar a procesión e mais a sesión vermú, amenizada polo trío “Lembranza”. Este mesmo conxunto musical será o encargado de animar a verbena nocturna, onde, de novo, terán lugar varios sorteos entre o público asistente. A Comisión desexa agradecer o apoio recibido por parte dos veciños e tamén a colaboración do Concello de Alfoz, do mesmo xeito, suliña o compromiso das empresas, comercios e autónomos que inseriron a súa publicidade no libro das festas de Mor 2017.

Exit mobile version