Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta apoiará aos concellos lugueses que rehabiliten as antigas viviendas dos mestres e as destinen a alugueiro para familias de menos recursos

Lugo, 17 de xullo de 2017.- A Xunta de Galicia vén de aprobar unha liña de axudas para rehabilitar entre outros espazos as antigas vivendas dos mestres –hoxe en desuso- e da que poderán beneficiarse todos os concellos lucenses de menos de 20.000 habitantes.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que na provincia de Lugo, onde o ámbito rural é moi importante, hai un gran número de instalacións destas características, vinculadas no seu día as escolas unitarias, malia que a práctica totalidade delas fai décadas que non se empregan para este fin.

O Goberno galego aspira a que estes inmobles, na maioría dos casos de titularidade municipal, poidan ter novos usos. Por iso a través destas axudas ademais de promover a súa rehabilitación, buscará que pasen a formar parte do mercado mercado do alugueiro, en especial, para garantir o acceso a vivenda aos colectivos máis vulnerables

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, destinará para este fin un orzamento total de 850.000 euros, a repartir durante os anos 2017 e 2018 e o prazo de presentación de solicitudes comeza a partir de mañá e permanecerá aberto ata o 31 de outubro.

Obxecto da subvención
Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e en vivendas de titularidade municipal, que garantan o cumprimento dos requisitos básicos de funcionalidade, seguridade, habitabilidade e/ou accesibilidade.

As actuacións subvencionables incluirán, para os efectos de determinación do custo total das obras, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados.

As axudas poderán acadar ata o 90 % do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 40.000 euros por vivenda rehabilitada ou de 48.000 euros, no caso de vivendas situadas no ámbito histórico ou dos camiños de Santiago.

Entre os requisitos para acceder a esta axuda, o máis relevante é a necesidade de que o concello solicitante conte con demandantes de vivenda inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e, polo tanto, que se acredite, no momento da solicitude, que existen interese entre a veciñanza do municipio por acceder a vivendas protexidas.

Exit mobile version