Site icon Crónica3.com A Mariña

As bandas de música de Arca, Luarca e Ribadeo actuaron no festival celebrado no parque ribadense, que contou con numeroso público

310717 FESTIVAL DE BANDAS EN RIBADEO (1)Ribadeo, 31 de xullo de 2017. As bandas de música de Arca, Luarca e Ribadeo actuaron na vixésimo terceira edición do festival de bandas organizado pola asociación Amadores da Música, que se celebrou o pasado sábado no parque ribadense, evento que contou con numeroso público.
Antes do festival as tres bandas ofreceron un pasarrúas e continuación comezou a actuación da banda de Arca, dirixida por José María Blanco Pampín, que ofreceu as pezas El Meu Iaio, The Witch and the Saint, Mar i Bel, Fandango e Muiñeira dos Pendellos. Seguidamente a banda de música La Lira, de Luarca, que dirixe David Colado Coronas, interpretou Oviedo, Jota Villoria, Bon Jovi Rock Mix, Concierto d’amore, Caravan e Nino Bravo en concierto. E rematou o concerto a banda ribadense, dirixida por David Ballester Martínez, que ofreceu De Granada a Daimiel, Suite Galaica (en dous movementos: Espertar na Montaña e Noite de Bruxas, na que fixo unha narración Toni Deaño) e Of Castles and Legends. Despois o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e o presidente de Amadores da Música, Chema Suárez, entregaron placas conmemorativas ás agrupacións participantes. Finalmente a banda de Ribadeo interpretou o pasodobre O Chopo.
O XXIII festival de bandas de Ribadeo foi presentado pola xornalista e locutora Carmen Cruzado, directora de Faro Norte Comunicación.

Exit mobile version