Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro empraza aos concellos lucenses a axilizar a constitución dos obradoiros de emprego que xerán ao redor de 400 novos postos de traballo na provincia

280717Reunión obradoirosLugo, 28 de xullo de 2017.-O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro presentou esta mañá aos concellos beneficiarios o programa dos obradoiros de emprego que este ano suma un investimento de catro millóns de euros na nosa provincia.

A aposta do Goberno galego polo emprego tradúcese na creación de ao redor de 400 novos postos de traballo entre os alumnos que serán contratados e o persoal administrativo, de dirección e os monitores e docentes dos obradoiros.

En Lugo serán 17 os obradoiros de emprego que se porán en marcha en 39 concellos distintos, nunha medida coa que a Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria e en colaboración cos concellos lucenses, ofrecerá unha oportunidade laboral e formativa aos beneficiarios

“A previsión que manexamos é que ao longo das próximas semanas, con máis seguridade en agosto, poidan iniciarse os procesos de selección, que realizan os concellos beneficiarios a través das oficinas de emprego, para que así a finais do mes de setembro os obradoiros podan estar en marcha”-indicou o delegado territorial.

Balseiro tamén lembrou que, no caso concreto dos obradoiros de emprego ordinarios, verán ampliada a súa duración de 6 a 9 meses, algo que contribuirá a unha mellor formación e a ofrecer un máis amplo prazo para rematar as obras e servizos que en cada concello se executan.

Outro dos beneficios da actual convocatoria é que o anticipo económico que a Xunta pode achegar aos concellos pasará do 25 ao 50 por cento do total da subvención, o que redundará na liquidez das corporacións locais e evitará sobre-esforzos.

Especialidades

OUTEIRO DE REI CASTRO DE REI E COSPEITO
Levantamentos e replanteos. Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción. Montaxe e mantemento de instalacións eléctricass de baixa tensión

OUROL VICEDO E MURAS
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio. Traballos de carpintaría e moble

XOVE CERVO E BURELA
Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría.Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción

VILALBA E ABADÍN
Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción. Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas. Traballos de carpintaría e moble

O CORGO GUNTÍN O PÁRAMO
Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción. Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes

CASTROVERDE A PASTORIZA POL RIBEIRA DE PIQUIN E RIOTORTO
Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes

RABADE BEGONTE E FRIOL
Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción.Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización. Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes

CARBALLEDO CHANTADA
Operador de formigón. Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes

BARREIROS LOURENZÁ E TRABADA
Instalación de elementos de carpintaría. Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes

QUIROGA FOLGOSO DO COUREL RIBAS DO SIL
Operacións auxiliares de albanelaría de fábricas e cubertas.Operador de formigón. Operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construción

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción

CONCELLO DE LUGO
Produción fotográfica. Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais

SARRIA
Pavimentos e albanelaría de urbanización. Promoción turística local e información ao visitante

Obradoiros de emprego do programa de Garantía xuvenil (menores de 30 anos)

PANTON O SAVIÑAO SOBER
Fabricas de albanelaría. Montaxe e instalación de construccións de madeira

LUGO
Atención sociosanitaria a persoas en institucións. Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil

RIBADEO
Produción fotográfica. Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos

MONFORTE
Traballos de carpintaría e moble. Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes

Exit mobile version