Son arredor de 40 os comercios participantes que abrirán as súas portas ata as dez da noite “para captar aos clientes que volven da praia ou a aqueles que saen de bares á tardiña. Eses tres días haberá ofertas, descontos e promocións especiais e para ambientar estas Noites Cálidas contaremos con diferentes grupos de música, actividades infantís e coa tradicional noite flúor”, segundo explica David Martínez, presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.
Mañá, 28 de xullo, a tarde noite estará ambientada polo grupo Los Primerizos, que actuarán ás 20 y ás 22:30 horas nas rúas Ramón González e San Francisco, respectivamente; e por Otus Scops, que poñerán a nota musical ás 20:30 horas en Rodríguez Murias e ás 22:30 horas nas inmediacións da praza de abastos.
Os locais participantes nas Noites Cálidas de Acisa son: Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo Global, La Moda Hombre, Bodegas Ribeirao, Modesto G, Xeito Decoración, La Florida, Foto Miguel, Din y Don, Pequerrechos, Mercería Vizcaya, Sanjurjo, Esprit, Lencería Julia, Terra Branca, Tu y Tu, Bora Bora, R23, calzados Menfer, Mercería Torviso, Ginzo, Casa Mengoiz, Gutié, Farfala, Ana Villamayor, Bis a Bis, Boutique Valentina, Boutique Del Río, PC Ribadeo, Mika, Saia, Hola Ola Surf, Hola Ola Street, Glass, Fauna, Sweet Monkey, Coco, Jatay, Anais, La Alianza e Menos Lobos.
As seguintes Noites Cálidas serán o 3 de agosto (Noite Flúor) e o 10 tamén de agosto.