Lucía Vila, pintora e licenciada en Historia do Arte, sinala que “estes laboratorios van dirixidos neste caso aos máis pequenos entre os 4 e os 16 anos. O ano pasado os abríamos a persoas maiores tamén, pero en vista de que non tiveron moita acollida pois os centramos máis nos nenos pequenos”.
A responsable destes laboratorios creativos para nen@s no Eido Dourado engade que “seguindo co que empezamos o ano pasado, queremos promover o diálogo entre @s nen@s e a contorna do Eido. Amosarlles a obra de Celso Dourado e que exploren, investiguen e interaccionen coa contorna que nos rodea basicamente”.
Lucía Vila explica que “os laboratorios creativos serán todos os mércores, de sete a oito da tarde desde hoxe. E remataremos o 16 de agosto. Para esta xornada xa temos o grupo completo, pero para os cinco obradoiros que restan se poden apuntar ben pasando polo Eido Dourado ou contactando comigo por medio do facebook ou do teléfono persoal. Que se animen a vir todos os nenos e que disfruten do Eido Dourado”.