CxG Foz vai rexistrar unha petición no Concello para que dita infraestructura, hoxe non pouco utilizada, seña acondicionada como centro de Coworking para profesionais que inician a súa actividade, xerando de este xeito sinerxias que teñen que favorecer a implantación de empresas e creación de emprego no noso Concello.
Damián Sánchez estivo acompañado no acto de presentación polo Secretario Xeral de Compromiso por Galicia Juan Carlos Piñeiro Docampo que sinalou que CxG é unha forza en crecemento na Mariña, tendo polo de agora presenza en: Ourol, Cervo, Burela, Lourenza e agora Foz. Tamén estiveron o responsable local de Cervo, Xosé Luís Moñita e o de Burela, Luís Rubal.
A intención de CxG en Foz e facer unha candidatura potente nas eleccións de 2019 que poña Foz no lugar político que lle corresponde sen vellos dinosaurios da política focega impoñendo a súa liña dende a sombra e freando o crecemento de Foz dende o seu inmovilismo.