Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica, explicou que “estes laboratorios van dirixidos neste caso aos máis pequenos entre os 4 e os 16 anos. O ano pasado os abríamos a persoas maiores tamén, pero en vista de que non tiveron moita acollida pois os centramos máis nos nenos pequenos”.
A responsable destes laboratorios creativos para nen@s no Eido Dourado engadiu que “seguindo co que empezamos o ano pasado, queremos promover o diálogo entre @s nen@s e a contorna do Eido. Amosarlles a obra de Celso Dourado e que exploren, investiguen e interaccionen coa contorna que nos rodea basicamente”.
Lucía Vila subliñou que “os laboratorios creativos serán todos os mércores, de sete a oito da tarde desde hoxe. E remataremos o 16 de agosto. O grupo estivo completo para a xornada de onte e tamén está para o día 19 deste mes, pero para os catro obradoiros que restan se poden apuntar ben pasando polo Eido Dourado ou contactando comigo por medio do facebook ou do teléfono persoal. Que se animen a vir todos os nenos e que disfruten do Eido Dourado”.